Os referentes

Case todas as persoas tivemos, dun modo ou doutro, algún referente na nosa vida. Unha persoa ou varias que foron o noso punto de referencia, a guía que nos axudou a madurar o noso proxecto vital e a ser o que somos na actualidade.
 
As persoas que participan nesta campaña non son unha excepción: tamén elas teñen ou tiveron os seus propios referentes. É moi importante que os mozos e mozas sen apoio familiar poidan contar tamén cos seus puntos de referencia particulares.
 
A necesidade de referentes é algo que nos iguala a todas as persoas e o concepto de igualdade está no centro da integración social.

Menu politicas 2