Quen somos

Somos un grupo de persoas que traballamos para que outras con menos facilidades poidan desenvolver a súa vida da maneira máis normalizada posible. Queremos ser un apoio para as persoas que viven unha difícil situación social e contribuír a que esa dificultade non lles impida ser cidadáns de pleno dereito.
 
Igaxes3 é a forma breve para Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector. Somos unha entidade sen ánimo de lucro, sen vinculación política nin confesional, onde promovemos a cidadanía activa das persoas en situación de risco ou exclusión social desde un enfoque baseado na participación e o empoderamento.
 

Menu politicas 2