O proxecto

REFERENTES é un proxecto que xurde da necesidade de apoio que precisan os mozos e adolescentes que se atopan en situación de dificultade social para afrontaren o seu camiño cara a unha vida independente. Este proceso tan complexo require de apoio educativo por parte dos nosos profesionais pero ademais é imprescindible un apoio emocional externo ao sistema de protección.
 
Por esta razón buscamos a participación de persoas alleas ao ámbito do social que estean dispostas a asumir o rol de referente do mozo ou moza para confiar, escoitar, aconsellar, divertirse, aprender, consolarse ou coñecer unha realidade diferente da propia. Alguén que lle axude a ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade.
 
Este é un proxecto con raíces noutros proxectos de mentoría, como Big Influence -da organización británica Chance UK- ou o proxecto Referents da Associació Punt de Referència. As experiencias desta organización catalá inspiraron esta iniciativa, que queremos aplicar a todo o territorio galego.

Menu politicas 2