Os mozos

Traballamos a carón de adolescentes e mozos/as en situación de dificultade social. Cada unha destas persoas é especial e diferente ás demais e por iso ten un proceso de intervención singularizado. Porén, todas comparten unha condición:

Antes ou despois, nalgún momento das súas vidas, deixaron de contar co apoio das súas familias. Por esta razón medraron en centros de protección da administración pública e tiveron que afrontar unha traxectoria vital de especial complexidade.

Estes mozos e mozas, de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, viviron unha situación de dificultade que os conduciu ao desamparo. A maioría son de orixe galega, pero tamén magrebí, subsahariana, iberoamericana... Amosan unha maior vulnerabilidade respecto á xuventude que vive unha situación normalizada. E todos teñen en común a ausencia de referentes adultos efectivos, alén dos e das profesionais que os acompañan.

Menu politicas 2