Eva (32 anos, Vigo)

Cando penso nos meus referentes, penso no meu pai e na miña nai, por suposto. Pero tamén noutra persoa especial: a miña bisavoa Matilde. Ela morreu cando eu tiña 11 anos. Era unha señora da aldea, sempre de loito, pendentes de ouro, cabelo trenzado. Era moi dinámica e traballadora e foi quen levou a familia adiante. E sempre estaba sorrindo, marcoume pola enerxía que transmitía.
 
De nena prometinlle que, se tiña unha filla, levaría o seu nome. E así será.

Menu politicas 2